Que gozada, non hai moito que contar da viaxe. Salvo que comezou o xoves pola noite con 11h de camion. Chegamos o venres pola mañan e tras o rexistro, comezaron os dous dias de comer, beber e praia. Eso foi todo durante 48h, ademais de durmir un pouco. Foi tamen o primeiro baño no Pacifico, que ven sendo como no Atlantico pero con moita menos sal, polo menos nesa parte.

ixtapa

ixtapa
O lugar moi fermoso e a verdade pena de estar so dous días, penso que algún mais non viña mal. Nunca probara o sistema este dos todo incluido, pero gustoume moito. Eso de estar na praia tirado nunha tumbona e que a cada pouco pase un tipo cunha camisola de BeachBoy e te sirva mojitos ou piña colada …. esta moi ben si.
O domingo a mediodia, outra vez ao camion e outras 11h de viaxe para voltar a D.F. e o luns voltar a dura realidade. ¡a ver cando nos facemos millonarios ca peña esa de apostas!!!

ixtapa