Archive for the ‘47730’ Category

Moito tempo

24-02-2009

Xa fai un tempo que non poño nada novo. A verdade estas semanas non tocou viaxar as fins de semana e pola semana nada mais que ir a clase e facer as constantes tarefas. Pasaron os primeiros parcias (cada 3 semanas mais ou menos) todos ben. Esta fin de semana pasada tocou pasear polo DF. Xa porei algunha foto do sitio.

Achegase o día

18-12-2008

O día 4 de xaneiro esta preto, ese día parto cara a outra orilla do Atlántico. Todo esta listo, agas pequenos detalles. Hoxe recibin toda a información da miña nova casa. Ten boa pinta o pisiño para dous que nos buscaron. A ver como resulta.