Deixando Polska

By fincho

Esta pasada noite deixamos Polska (quen sabe ata cando). Foi nunha viaxe de tren dende Wroclaw ate Berlin. A viaxe foi tranquila, pillamos cama e fomos a durmir case todo o camiño.

Unha vez en Berlin tivemos que case adiviñar como funcionaba o sistema de transporte, xa que a muller da estación só falaba alemán, eso si, esforzouse todo o que pudo para entendernos e que a entendesemos, e en todo momento cun sorriso na boca (logo din que os alemáns son frios e secos … ).

Conseguido eso tocou chegar ao hostel e descansar un pouco sobre todo por Ceci que esta de catarro dende a visita a mina de sal de Krakow. Pequeno paseo pola fronteira da RFA e a RDA e agora volta ao hostel que xa que ten wifi aproveito para escreber isto. Por certo para os que no futuro veñades por aqui un hostel interesante a ter en conta o Sunflower: ben comunicado, limpo, chulo, con bar 24h e almorza todo o que podas por 3€ entre outras cousas.

Maña toca visita xa típica turística de Berlin ca porta de Branderburgo, checkpoint Charlie, restos do muro, …

Deica

Etiquetas: ,

Deixa un comentario