Arquivo de Xuño, 2008

Deixando Polska

30-06-2008

Esta pasada noite deixamos Polska (quen sabe ata cando). Foi nunha viaxe de tren dende Wroclaw ate Berlin. A viaxe foi tranquila, pillamos cama e fomos a durmir case todo o camiño.

Unha vez en Berlin tivemos que case adiviñar como funcionaba o sistema de transporte, xa que a muller da estación só falaba alemán, eso si, esforzouse todo o que pudo para entendernos e que a entendesemos, e en todo momento cun sorriso na boca (logo din que os alemáns son frios e secos … ).

Conseguido eso tocou chegar ao hostel e descansar un pouco sobre todo por Ceci que esta de catarro dende a visita a mina de sal de Krakow. Pequeno paseo pola fronteira da RFA e a RDA e agora volta ao hostel que xa que ten wifi aproveito para escreber isto. Por certo para os que no futuro veñades por aqui un hostel interesante a ter en conta o Sunflower: ben comunicado, limpo, chulo, con bar 24h e almorza todo o que podas por 3€ entre outras cousas.

Maña toca visita xa típica turística de Berlin ca porta de Branderburgo, checkpoint Charlie, restos do muro, …

Deica

A fin

24-06-2008

Levo tempo sen escreber pero as veces de erasmus tamen hai que estudar e facer traballos e esas cousas, inda que non o parezca. E durante este tempo a conquista de Polonia chegou a fin. Hoxe tras nove meses deixamos Bialystok. Imos cara Krakow co irman de Ceci, logo Wroclaw visitar ao Chino. Despois Berlin e finalmente o dia 3 de xullo a Porto via London. Isto acabase. Mereceu a pena, sen dubida…

Do widzenia Bialystok.
Do widzenia Polska.