A segunda parada da viaxe por centroeuropa foi Wien, a cidade imperial. Cidade impresionante, vese que por ahi teñen o costume de facer todo ao grande. Que preciso facer un palacio, pois fago un que ten o tamaño de dous. Que preciso un edificio para o concello, pois nada fago un palacio. Vou pasar de por fotos de palacios mais que nada porque non caben nunha foto, os mais significativos son o Palacio Belvedere e o Palacio de Schönbrunn.
No segundo día de estancia chegaron Dani e mais Edu, dende London onde Dani intentou converterse en Laranxa sen sorte.
Unha visita obrigada ali era ver a Opera (tamén como non feita ao grande)
Comprobamos que o Danubio efectivamente é azul, ademais de un pouco ancho de mais, esto da foto é so a metade do rio, a outra metade esta do outro lado da illa que aparece a dereita da foto
A fonte do parlamento non ten peixes
Inda que para telos coma o Danubio ….
E de aqui a Budapest




