Inda que algo tarde, mais “nunca es tarde si la dicha es buena”, terei que por algo da viaxe polas capitales centroeuropeas. A primeira parada e mais longa da viaxe foi Praha. Ali quedamos con Mila que nos fixo de guia case todo o tempo, excepto cando tivo que traballar (esta xente que non esta de erasmus … ). Non me vou enrollar moito, só que me encantou e que me quedei con ganas de voltar incluso mais que de visita a vivir ali unha tempada. O único malo que ten é a masificacion turistica a nos ademais coincidiunos a ponte do primeiro de maio e aquelo parecia que paseabas por Madrid, só se escoitaba falar castelan. O mellor debeu ser o paseo pola noite sen tanto bullicio. Algunhas fotos dende a praza de Wenceslao (voulles baixar a calidade para que non protestedes todos).
Feitas dende abaixo:
Agora algunhas dende subidos a cima da torre do reloxo:





