Despois de case un mes sen escreber nada, retomo isto. Primeiro non pusen nada porque estaba en Ourense, ao voltar tiven que recuperar algo de tempo da semana que non fun a clases e mais adiantar algo da semana que imos faltar. Ademais desto tiven que recuperar algunhas festas perdidas. Tamen tiven a fin de semana seguinte ao meu regreso a visita do Chino (volta cando queiras).
Escrebo entre outras cousas para avisar de que igual tardo en volver escreber algo, xa que maña comeza a nosa viaxe polo sur. Imos a Warszawa ao mediodia para as 21.05h coller un tren que nos levara a Praga iremos durmindo (a ver como son as camas dos trens polacos) e chegaremos as 6.50h do venres. Ali estaremos ate o dia 6 que vamos a Viena, onde o día 7 uniransenos Dani e mais Edu (Didi xa te vale). A ver se hai sorte e Dani é laranxa e asi temos mais que celebrar. O dia 9 iremos a Budapest os 4. E Ceci e mais eu voltamos a Białystok o dia 11 a noitiña logo de pasar todo o dia no tren.
Total 10 dias é unha noite de viaxe.
Xa escribirei.
6-05-2008 en 00:13
Desde logo eu penso que esos abusos físicos e psicolóxicos que estades sufrindo na vosa estadía son claramente denunciables a Nacións Unidas.
Hai que ver qué ben vivides..