Canto tempo sen escreber nada, foron un par de semanas intensas. Non Luis, non perecin na viaxe a Chechenia. Pero a semana pasada foi a visita dos turistas. Logo toda a semana por ahi e esta que foi de retorno algo liado. Teria moitas cousas que escreber da viaxe pero resulta que “as cousas de Polonia quedan en Polonia”, magoa! ia pasalo moi ben :) Inda que teño unha dubida, eu escrebo esto dende Polonia, co cal … estarian en Polonia, bueno a ver se os interesados respostan.
O luns pola noite chegaron as visitas e logo de pasar aqui esa noite, o martes vendo Białystok e de festa turca pola noite o mercores pola mañan comenzou a miña viaxe. Comentar que os trens polacos son complicados de usar, todavia non sei como pedindo sete billetes a Warszawa a tipa vendeume sete a Warszawa e sete a Wrocław … menos mal que o servicio de atencion ao cliente é mais eficiente e puidemos cambiar os erroneos para ir a Krakow que era o noso destino inicial. Unha cidade moi bonita e con moitos restos da historia recente. Inda que que vos coste cargalas aqui vos deixo algunha foto da cidade en cuestion.

Isto é o que queda do muro do gueto xudio, a forma da parte de arriba é a mesma que a das tumbas xudias (guerra psicoloxica).

En realidade estabamos pouco mais ala do Padornelo.
O dia seguinte fumos a Auschwitz, visitanse os dous campos no primeiro esta todo rehabilitado en plan museo e esta contada a historia do que pasou (é bastante espeluznante). No segundo, o mais grande, so hai rehabilitadas algunhas cousas, mais que nada para ver as condicions que tiñan ali. A verdade é que resulta moito mais impactante velo ali que nos libros de historia. Pero para min o peor foi ver o ben planificado que tiñan todo, estou seguro que hai cadeas industriais peor montadas e dirixidas que eses campos de exterminio. Hai xente realmente enferma …
Dende ali fomos a Wrocław, terra do Chino. Moito do sitio non visitamos a verdade foi só de pasada. Pasamos ali a noite e vimos o centro da cidade e mais alguns dos bares que ali se atopan. Ao día seguinte como cancelaramos a viaxe a Praha (era demasiado tren xa) tiramos cara Warszawa.
A Warszawa chegamos tarde, e depois de cenar fumos tamen a coñecer un pouco o centro e os bares que por ali se atopaban. Ao dia seguinte paseo pola cidade e xa pola noite (as 18h é noite, xa dende fai tempo) fomos para o hostel que estabamos todos bastante cansos da semana.
O hostel por certo ten cada habitacion decorada cun tema e a nos tocounos a do Partido.

O luns dar unha volta e cada un volta cara as suas respectivas moradas. Ese dia comenzou a nevar xa en Warszawa e debin traer conmigo a neve, porque estivo nevando todo o camiño pero ao chegar a Białystok non habia nada de neve. Dez minutos da miña chegada comenzou a never e todavia hoxe esta todo branco. Incluso agora mesmo esta nevando. Xa porei noutro post a prometida foto branca.


