Arquivo de Outubro, 2007
Se Lenin levantara a cabeza …
27-10-2007Argiz, atopeino!
25-10-2007Para que non se diga que non traballo
24-10-2007Estou na facultade, xa me sei conectar ca rede da mencionada e teño clase en 15 minutos. O fabuloso mundo da esteganografia, a ver se asi estou mais preto de ser un perigoso terrorista. Para o que queira saber que é iso a wikipedia todo o sabe
E a primeira
22-10-2007Hoxe, por fin foi a primeira clase, 45 apaisoantes minutos de algoritmos evolutivos. Esta ben o sistema, xa sabemos o motivo do retraso, en vez de ter clases normais o coordinador buscounos profesores que nos impartiran de xeito personalizado e individualizado as materias que pedimos, para que asi sexan en ingles sen problemas. Total que temos clases particulares, pero sen pagalas. Mañan temos outra esta con dous portugueses, cos que parece ser que teremos que facer un traballo como avaliación, que o tipo ademais quere comparar a calidade da educacion portuguesa ca española, segun dixo. Só falta unha por coñecer.
Cea polaca
20-10-2007Onte alguns da ESN prepararonnos unha cea a base de pratos polacos para os erasmus. Estivo ben a cousa, teñen pratos do mais interesante, inda que tamén barbaridades coma o tartar, que é carne crua, só mezclada con algunha verduras … eu nin o puiden probar, pero din que é fantastico. Un millon de anos de evolución e estes tipos non cociñan a carne. Menos mal que si cociñan outras cousas que estan ricas. Poria nomes, pero eran moitas cousas distintas e obviamente estaban en polaco, o que resulta complicado de lembrar.
Comezamos
17-10-2007Acabamos de ler un mail de Matuk (o noso coordinador) de que mañan xa temos que falar con 2 profesores (de 5). Remataron as vacacións … a ver que nos contan mañan.

