Xa fai un tempo que non poño nada novo. A verdade estas semanas non tocou viaxar as fins de semana e pola semana nada mais que ir a clase e facer as constantes tarefas. Pasaron os primeiros parcias (cada 3 semanas mais ou menos) todos ben. Esta fin de semana pasada tocou pasear polo DF. Xa porei algunha foto do sitio.
Moito tempo
24-02-2009 by finchoQuerétaro
30-01-2009 by finchoEsta fin de semana toca viaxar a Quéretaro. Imos invitados por uns amigos mexicanos, un deles ten casa alí e fan festa todos os anos por estas datas. Ademais esta é longa, xa que o luns e festivo en México, celebran o día da sua constitucion (si tamen teñen un papel deses que non serve para nada pero todos adoran).
Xa porei fotos ao retorno, o sitio parece interesante: Querétaro
Viaxe
28-01-2009 by finchoQue gozada, non hai moito que contar da viaxe. Salvo que comezou o xoves pola noite con 11h de camion. Chegamos o venres pola mañan e tras o rexistro, comezaron os dous dias de comer, beber e praia. Eso foi todo durante 48h, ademais de durmir un pouco. Foi tamen o primeiro baño no Pacifico, que ven sendo como no Atlantico pero con moita menos sal, polo menos nesa parte.

ixtapa

ixtapa
O lugar moi fermoso e a verdade pena de estar so dous días, penso que algún mais non viña mal. Nunca probara o sistema este dos todo incluido, pero gustoume moito. Eso de estar na praia tirado nunha tumbona e que a cada pouco pase un tipo cunha camisola de BeachBoy e te sirva mojitos ou piña colada …. esta moi ben si.
O domingo a mediodia, outra vez ao camion e outras 11h de viaxe para voltar a D.F. e o luns voltar a dura realidade. ¡a ver cando nos facemos millonarios ca peña esa de apostas!!!

ixtapa
Marcho de viaxe
22-01-2009 by finchoLevo dias sen escreber pero estiven algo liado. Hoxe marchamos cara o Pacifico. Imos a Ixtapa, unha praia virxe a un fin de semana de todo incluido. A ver que tal é o sitio pero ten moi boa pinta. Xa porei fotos do mesmo ao regreso.
Welcome back
16-01-2009 by finchoDespois de o dono da nova casa querer enganarnos, facendonos creer que eramos os únicos inquilinos da casa. O mercores chegou o seu fillo que resulta que vive ali tamen, e dende enton a casa pasou a estar chea de xente descoñecida. Decidimos regresar e Nico e mais eu estamos no sitio do principio de Antonie e Lea noutro apartamento aqui preto.
A ver se rematan as mudanzas dunha vez.
Cambio de morada
14-01-2009 by finchoEsta pasada tarde noite, Nico e mais eu cambiamos de vivenda. Agora vivimos nunha casa, non un apartamento. Con Antonie outro frances como non e Lea unha francesa de Nova Caledonia.
A casa e moi grande con xardin. As habitacions tamen son grandes e teñen duas camas, asi que a recepcion de visitas sera sinxela.Xa porei algunha foto da casa.
Hoxe toca inda modificar as miñas asignaturas, por cuarta vez. A ver se dunha vez me quedan definitivas.